Simposio ‘Uncharted Territories: Contemporary Ecopoetics in/and Translation’
Martín Veiga foi un dos organizadores do simposio internacional ‘Uncharted Territories: Contemporary Ecopoetics in/and Translation’, celebrado na University College Cork. Ademais de participar na organización e coordinación das xornadas, Veiga presentou o relatorio titulado ‘Galician Poetry and the Chronotopic Imagination’. O Centro coordinou a participación no simposio de dous poñentes con relatorios de temática galega: Lucia Cernadas Varela (Oxford) coa comunicación ‘Charting the Way(s) from English to Galician: Poetry Translations between 2010 and 2019’ e o tradutor Isaac Xubín, que presentou a súa tradución ao galego da novela Mamut, de Eva Baltasar, xunto coa propia autora e a súa tradutora ao inglés, Julia Sanches. Ademais, Xubín ofreceu un obradoiro de tradución literaria coa profesora e tradutora Helena Buffery (UCC).
Irish Centre for Galician Studies
Contact us
O'Rahilly Building First Floor - Block B East Room 1.55