‘Encontros Atlánticos Galicia – Irlanda’
Martín Veiga presentou e moderou un coloquio e recital de poesía galega e irlandesa no marco dos Encontros Atlánticos Galicia-Irlanda organizados conxuntamente polo Consello da Cultura Galega e o Instituto Cervantes de Dublín. As poetas participantes foron Alba Cid e Daniel Salgado, por parte de Galicia, e Keith Payne e Grace Wells, poetas conectados con Galicia e Irlanda. Os Encontros consistiron nun conxunto de actividades sobre literatura, lingua, música e audiovisual que se desenvolveron os días 25, 26 e 27 de marzo de 2025 no auditorio do Instituto Cervantes de Dublín.
Irish Centre for Galician Studies
Contact us
O'Rahilly Building First Floor - Block B East Room 1.55